Pedalada nocturna

66

O Concello de Pontevedra organiza este xoves unha pedalada nocturna en colaboración coa asociación Masa Crítica, que celebra este mesmo xoves o seu segundo aniversario.
Esta pedalada que contará co apoio da Policía Local, contará con cunhas actividades complementarias que comezarán ás 19.30 horas cunha mostra informativa de Masa Crítica na Peregrina. Ás 21.00 horas haberá un paseo en bici pola cidade e ás 22.00 horas está prevista a ruta nocturna.