Final do I Campionato de Petanca, mañá, no campo de Santo André de Xeve

67

O campo de petanca de Santo André de Xeve, situado no Campo da Bouza, acolle mañá, a partir das 16.30 horas a final do I Campionato de Petanca do Concello de Pontevedra no que participaron 9 equipos de Campolongo, Santo André, Monte Porreiro, Tomeza e Salcedo (nalgúns casos acudiron varios equipos do mesmo barrio ou parroquia).
A final será disputada por Campolongo, Monte Porreiro e Santo André de Xeve.
Está no propósito do Concello de Pontevedra de continuar organizando este tipo de campionatos debido á demanda que atoparon nos barrios e parroquias.