Unicef propón a Pontevedra ser a primeira cidade galega amiga da infancia

71

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá á presidenta de Unicef en Galicia, Gloria del Río que viulle propoñer ao alcalde que Pontevedra solicite á organización ser a primeira “Cidade amiga da infancia” de Galicia. Na actualidade Lugo e Vigo teñen un recoñecemento.
Segundo lle explicaron ao alcalde, logo de estudar o modelo urbano de Pontevedra pensado para os nenos e toda a actividade organizada polo Concello dirixida ao público infantil, consideraron que Pontevedra era a cidade de Galicia idónea para solicitar este recoñecemento.
Gloria del Río ofreceu ao Concello a asesoría técnica da delegación de Unicef en Galicia para acadar este recoñecemento mundial, inscrito dunha campaña organizada pola propia Unicef de ámbito mudial.
O alcalde comprometeuse a estudar detenidamente a documentación que lle foi entregada esta mañá e recabar información de todos os departamentos municipais sobre este tema.