Pontevedra acolle en setembro o X Congreso sobre a ensinanza da Educación Física e do Deporte

61

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a un dos responsables da organización en Pontevedra do X Congreso internacional sobre a ensinanza da educación física e o deporte escolar, que se celebrará en Pontevedra entre o 5 e o 8 de setembro. O congreso está organizado pola Federación española de Asociacións de docentes de Educación Física.

A previsión é que asistan arredor de 500 docentes de Educación Física e da educación en xeral, estudantes, adestradores, monitores deportivos, de tempo libre, e de todos os interesados no eido da Educación Física e do Deporte.

Neste congreso abordaranse os hábitos saudábeis e estilos de vida activos, a relación natureza/cultura/saúde; o sedentarismo e a obesidade infantil; o deporte escolar; a actividade físico-deportiva no medio natural; comeptencias profesionais; aspectos metodolóxicos da ensinanza da Educación Física; formación inicial e permanente do docente en educación física.