Festa da Anguía de Ponte Sampaio

74

Lugar: Xunqueira de Ponte Sampaio

XVIII Festa da Anguía na que os asistentes poderán degustar anguía frita con pementos de padrón, guisada con chícharos, en escabeche e en empanada. As racións de empanada serán a 3 €, e o resto a 6 € tendo en conta que se sirve con bebida, pan e levaránse a cunca de barro.

Sábado 6 de xullo, a partir das 20 h. degustación amenizada polo conxunto “Lembranza” e o trío “Menta”.

Domingo 7 de xullo, dende primeira hora haberá pasarrúas, imporase a anguía de ouro e os veciños homenaxearán aos mariñeiros xubilados. Ás 20 h. clausurase o evento cunha actuación da banda de gaitas e percusión “Airiños de San Xulián” de Marín.