“De ponte en ponte”

71

Lugar: Claustro de San Francisco. Praza da Ferraría

Horario: de martes a xoves, de 17 a 21 h. Sábados, de 11 a 14 e 17 a 21 h. Domingos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

"De ponte en ponte" é unha exposición de divulgación cultural do patrimonio e as infraestruturas viarias centrada nas pontes do municipio de Pontevedra.

Celebraráse entre os días 28 dexuño e 31 de xullo no claustro do Convento de San Francisco, cedido sen cargo pola congregación franciscana.

A produción dos elementos divulgativos realízase de xeito mixto entre traballadores municipais e a contratación de certos labores, que tanto a nivel intelectual como de prestación de servizos, se canalizan a través de diversos proveedores habituais, recollidos nos cadros a seguir.

A exposición está dirixida a toda a cidadanía, e ten por obxecto poñer en valor o numeroso patrimonio construído relacionado coas pontes e a cultura que xeneran.

Tamén aposta por reforzar a identidade e a autoestima da cidadanía a través da reflexión e a divulgación histórica e patrimonial acerca do nome da cidade e o seu íntimo vencello a estas obras de enxeñaría.

"De ponte en ponte" impúlsase e coordenase desde o Gabinete da alcaldía, en especial relación coa concellaría de Patrimonio Histórico.