Obras para canalizar fecais e pluviais en Vilaverde, Mourente

35

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a creación dunha rede de sumidoiros de Vilaverde, en Mourente. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González esta obra que terá un custe de 118.456,62 euros pretende resolver os problemas de fecais da zona, pero tamén a canalización de auguas pluviais procedentes da Cidade Infantil Príncipe Felipe.

Explicou Raimundo González que a pesar de que o Concello instou á Deputación a facerse cargo da canalización das pluviais que transcorren, agora, por unha vía do Concello. Non se obtivo resultado por iso nesta obra se tratarán de resolver os dous problemas.