O Concello continúa esixindo á Xunta a reforma do colector do río dos Gafos

65

A decisión da Xunta de Galicia e de Augas de Galicia de roubar a Pontevedra 1,2 millóns de euros previstos para a reforma do colector xeral do río dos Gafos, supón un novo agravio aos fondos publicos dos veciños da capital, que están a soportar unha permanente discriminación por parte do Goberno de Núñez Feijoo.
O Concello quere lembrar que a febreiro de 2012, a Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, en un comunicado público recoñecía problemas no proxecto do colector do Gafos, pero “en todo caso, o director de Augas sinalou que o compromiso da Xunta de Galicia con esta actuación se mantén nos mesmos termos e co mesmo investimento previsto, en canto se deseñe unha solución realista e eficaz. Afirmou que se trata dunha cuestión técnica e de datos non discutibles ante os que o concello debe de actuar con responsabilidade”, explicaba aquel comunicado.
Tal e como constata a propia Consellería naquel escrito, o Concello no se opón a que se fagan todos e cantos estudos considere a Xunta sobre o sistema de saneamento e pluviais da ría de Pontevedra, pero non vai renunciar á execución do colector do Gafos, como tampouco renunciaba á Xunta de Galicia naquel momento.
O portavoz do Goberno e responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González reiteirou esta mañá a necesidade de que a Xunta realice esta obra para poder eliminar os permanentes problemas de verquidos ao cauce do Gafos. E si non está disposto a acometer a execución das obras, tal e como se comprometeu no convenio asinado en 2010 para o saneamento do rural pontevedrés, o Concello propón que se lle transfira o 1,2 millóns de euros para que sexa a administración local a que execute esta obra, que por outro lado, é de competencia supramunicipal.
O Concello ten claro que non variará as condicións do convenio de saneamento para quitar a reforma do colector do Gafos.