Parabéns aos aprobados na adquisición das competencias clave outorgadas pola Xunta

38

O Concello de Pontevedra quere felicitar dun xeito especial a Jenifer Lemos Urgal, María Purificación Espiña Gulias, Rosa Jiménez Silva, Yolanda Acuña Mayo, Lidia García Ruibal e Víctor Manuel González Almeda polo éxito acadado na convocatoria da adquisición de competencias clave convocada pola Xunta de Galicia o pasado 22 de xuño en Silleda.
Para o Concello é unha satisfacción comprobar que os cursos de alfabetización que organiza a Concellaría de Benestar acadan os seus máximos obxectivos personificados nestas persoas e nos asistentes ao curso. Polo que queremos facer extensivo os nosos parabéns ás mulleres e homes que participaron nos cursos de alfabetización cuxos coñecementos redundan no seu propio beneficio abríndolle máis posibilidades en todos os eidos da vida.
Benestar Social Municipal continuará convocando novos cursos, polo que máis veciños de Pontevedra terán a posibilidade de ir acadando as competencia clave en lecto-escritura e cálculo necesarios para acceder como por exemplo na maoría dos cursos do Inem.