“Campaverán 2013”

52

Campamentos urbanos en Pontevedra, con xogos, deportes, actividades temáticas, inglés, música e natureza. Para nenos/as de 3 a 12 anos.

Organiza: Anias Xestión e Animación Sociocultural.

· Campamentos temáticos (de 3 a 12 anos). Na EEI Concepción Crespo Rivas. “A máquina do tempo” (historia), do 1 ao 15 de xullo. “Se eu fose” (artes e oficios), do 16 ao 31 de xullo. “Do meu horto ao teu prato” (ecoloxía), do 1 ao 14 de agosto.

· Campamento de Natureza (de 6 a 12 anos). No CEIP Xunqueira II. Do 1 ao 15 de xullo, con 2 días de acampada (13 e 14 de xullo).

· Campamento Multideportivo (de 6 a 12 anos). No CEIP Xunqueira II. Do 16 ao 31 de xullo.

· English Urban Camp (de 3 a 12 anos). No CEIP Álvarez Limeses. Do 1 ao 14 de agosto.

· Campamento Musical (de 3 a 12 anos). No CEIP Álvarez Limeses. Do 16 ao 31 de agosto.

+info. en rúa Echegaray, 39 baixo Pontevedra, nos teléfonos 986 864 598 / 649 346 457 ou a través do correo electrónico campaveran@anias.es