Rematadas as obras de colocación do lastro en Joaquín Costa, volve abrir á rúa

63

O Concello de Pontevedra abrirá a rúa Joaquín Costa, entre Sagasta e Blanco Porto, mañá pola tarde, de tal xeito que estea totalmente operativa na mañá do venres. Cabe lembrar que o Concello estivo facendo reparacións no ámbito do Álvarez Limeses onde se detectaran afundimentos na calzada debido a que cedeu o firme.
As obras consistiron na retirada do lastro, na mellora do firme e na nova colocación do lastro entre faixas de pedra. A obra está rematada pero é preciso que pasen unhas horas para que frague correctamente, por iso non se abrirá até mañá pola tarde.