Lugar: C.S. A Revira
Hora: 20:30 h.
Mar de Lumes, Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, coorganiza xunto con A Revira unha charla-coloquio sobre a resistencia do pobo curdo.
O acto celebrarase no Centro Social A Revira (r/ Gonzalo Gallas, 4 baixo- Pontevedra). Contará coa participación de residentes curdos en Galicia e de Pepa Baamonde Garcia.
Os curdos residentes en Galicia abordarán a situación e perspetivas da loita da… maior nación sen Estado do planeta, repartida entre os Estados da Turquia, Irak, o Irán, Armenia e Síria.
Pepa Baamonde vai falar sobre a sua experincia persoal no Curdistám, as similitudes lingüísticas en canto à relación da língua do poder e a língua dominada, e a situación do curdo no ensino e noutros eidos.