“Os inventos”. Obradoiros da Feira Franca

71

O primeiro dos obradoiros e "Os inventos de Guttemberg" que se desenvolverá no CITA os vindeiros 8 e 9 de xullo. Neste primeiro obradoiro abordarase a imprenta como medio de expresión, a sua importancia como invento a hora de universalizar os texto escritos.

“Os inventos de Galileo Galilei”: Coñeceremos a figura de Galileo Galilei e os seus inventos. Fabricaremos os nosos propios telescopios, termómetros, péndulos e maquetas da Terra xirando darredor do Sol. Impartirase os vindeiros 15, 16, 22 e 23 de xullo.

“Os inventos de Leonardo Da Vinci”: Achegámonos a sua figura, xenio universal e símbolo do home do Renacemento e os seus innumerables inventos, precursores dos modernos carros de combate, helicópteros, paracaídas, ala delta, pontes, submarinos? Asi mesmo estudaremos as proporcións do corpo humano co home de Vitrurio. Impartirase os dias 29 e 30 de xullo, e o 5 e 6 de agosto.

“Innovacións dos séculos XV e XVI”: Creación dos compás (brúxulas), a aparición dunha nova forma de comerciar e con ela os cheques e letras de cambio, as diversas fórmulas para tinguir os téxtis e as novas armas e formas de defensa. Os nenos e neas elaborarán diversos obxectos (compás, armas, téxtil, abalorios), e experimentarán con variadas técnicas. Impartirase os días 19, 20, 26 e 27 de agosto.

Son obradoiros de balde, pensados para nenos de 5 a 12 anos cun cupo de 15 prazas. Impartiranse os días sinalados de 10 a 12 horas.

+info. en www.feirafranca.info