XIV Feira Franca. “Os inventos”

46

XIV edición da Feira Franca de Pontevedra, adicada nesta edición aos inventos.

Do, re, mi, fa, sol… notas musicais que traducen cancións para ser tocadas por outros, pólvora que destrúe en mil cores de flores amarelas. Nenos e vellos que xogan ao xadrez nunha batalla íntima contra o tempo. Hai Feira Franca para festexar os inventos…

+info. en www.feirafranca.info

 

Venres, 6 de setembro. Véspera da XIV Feira Franca:

· 19 h. Pregoeiros a cabalo anuncian polo centro histórico o comezo da XIV edición da Feira Franca.

· 19:30 h. Obradoiro de bailes medievais, “Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes”, no Teucro.

· 21 h. Concerto música medieval, actuación de “Antiqua e Ultreia”, na basílica de Sta. María a Maior.

· 22:30 h. Espectáculo a Luz dos enxeños a cargo das compañías “Kull d´Sak” e “Troula”.

· 23:15 h. Música e bailes medievais, “Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes”, na praza do Teucro.

 

Sábado, 7 de setembro. Día da Feira Franca:

· 11:30 h. Apertura do mercado medieval, na avda. de Santa María e da mostra de oficios, na praza da Ferraría.

· 11:30 h. Cantigas de Afonso X e música medieval,a cargo da “Asociación Cultural Pola Vila” polas rúas do centro histórico.

· 12 h. Recreación do transporte do viño pola “asoc. Recriativa de Xeve”, “Art Monium”, animación, música, representacións… Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina.

· 12:30 h. Demostración e obradoiros de esgrima, “Escola Hungaresa”, na avda. Montero Ríos.

· 12:30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, “Mercenarios do Norte”, na praza da Verdura.

· 13 h. Tiro con arco. “Boa Vila”, avda. Montero Ríos.

· 13:30 h. Cetraría. “Falcóns Galicia”, Montero Ríos.

· 17 h. Exhibición de danza, a cargo do “Club Tre-boada”, na avda. Montero Ríos.

· 17 h. Demostración e obradoiros de esgrima, “Escola Hungaresa”, na avda. Montero Ríos.

· 17 h. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.

· 17:30 h. Torneo medieval a cargo de “Legend Especialistas”, na Praza de Touros. Entrada de balde ata completar aforo.

· 17.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, “Mercenarios do Norte”, na praza da Ferraría.

· 18 h. Cantigas de Afonso X e música medieval, a cargo da “Asoc. Cultural Pola Vila”. Centro histórico.

· 18:30 h. Competición-exhibición de tiro con arco, “Clube Boa Vila”, na avda. Montero Ríos.

· 19 h. Pasarrúas de bufóns e trovadores. Centro histórico.

· 19 h. Exhibición de danza, “Club Treboada”, na avda. Montero Ríos.

· 19:30 h. Pasarrúas a cargo de “Art Monium”. Centro histórico.

· 20 h. Torneo medieval a cargo de “Legend Espe-cialistas”, na Praza de Touros. Entrada de balde ata completar aforo.

· 21 h. Pasarrúas musical a cargo de “Art Monium”.

· 21 h. Cantar de cego e música medieval a cargo de “Foula”, polas rúas do centro histórico.

· 21:45 h. Pasarrúas dos “Errantes”, polo centro histórico.

· 23 h. Pasarrúas e fin de festa. “Art Monium”. Centro histórico.