Paseo máxico por Pontevedra. Visitas teatralizadas

43

Visitas teatralizadas para todos os públicos durante as noites deste verán, polo centro histórico de Pontevedra, como complemento ás visitas guiadas que se realizan durante o día.

Organizadas pola compañía de teatro “Migallas Teatro”, coa colaboración de “Turismo de Pontevedra” e da “Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra”.

Días de visita: 18, 19, 20, 24, 26, 27, 30 e 31 de xullo. 1 e 2 de agosto. Saída: ás 22 h. detrás da Casa do Concello. Duración: 1 hora e media aproximadamente. Prezo: 5 € por persoa independentemente da idade ou doutras circunstancias.

Venda de entradas por orde de chegada o mesmo día da visita desde as 21:30 ata as 22 h. no punto de saída, detrás da Casa do Concello.

Pódense reservar entradas para calquera día durante os días anteriores á visita e, o mesmo día da visita, ata 4 horas antes do comezo desta, é dicir, ata as 18 h. a través da páxina web www.migallas.com