“Preséntame un pallaso”. Teatro para nen@s

64

Lugar: Praza do Teucro

Hora. 19:30 h.

A compañía Barafunda Animación porá en escena a obra de teatro infantil "Preséntame un pallaso".

Os nenos e nenas pequenos poden ter medo á figura do pallaso, por iso Lolo irá caracterizándose de clown diante deles pouco a pouco dun xeito didáctico e moi divertido con elementos que sacará da súa maleta: perrucas, traxe, zapatos, maquillaxe, nariz…