Mañá remata o prazo para solicitar participar na Feira Franca

36

Mañá, 17 de xullo remata o prazo para a presentación de solicitudes de participación na Feira Franca, nas súas diferentes modalidades: ceas, xantares, mercado e hostalería.
As persoas interesadas aínda poderán presentar as súas solicitudes na oficina da Feira Franca, situada na rúa Alfonso XIII (antigo Conservatorio de Pontevedra).
As normas ligadas ás solicitudes poden ser consultadas no enderezo electrónico feirafranca.info, así como máis información da edición deste ano adicada aos inventos.