O Festival internacional de Jazz e Blues, primeiro prato forte das festas de verán

45

As prazas do Teucro e da Ferraría acollerán dende mañá e até o 22 de xullo o XXI Festival internacional de Jazz e Blues de Pontevedra que traerá á cidade, totalmente de balde, as actuacións das primeiras figuras destas disciplinas musicais tanto galegas como internacionais. A programación é a seguinte:
• Do mércores 17 a venres 19 de xullo
• 11 horas: Obradoiro PonteJazz, con Philip Dizack, Eden Landin, Concoran Holt e John Davis, no Antigo conservatorio
• Mércores 17 de xullo
• 12.30 horas. Jazz pola rúa: Street Band
• 20 horas. Jazz pola rúa: Street Band
• 22.30 horas. Last Minute Experience, no Teucro

• Xoves 18 de xullo
• 12.30 horas. Jazz pola rúa: Street Band
• 20 horas. Jazz pola rúa: Street Band
• 22.30 horas Alberto Vilas Quinteto, no Teucro

• Venres 19 de xullo
• 22.30 horas. Shemekia Copeland, na Ferraría

• Sábado 20 de xullo
• 22.30 horas. Paco Charlín “Flood”, na Ferraría

• Domingo 21 de xullo
• 22.30 horas Eugene “Hideaway” Bridges, Ferraría

• Luns 22 de xullo
• 22.30 horas. Vijay Iyer Trio, na Ferraría


Máis informacion: www.jazzpontevedra.com
 

Ademais, a programación de Festas complétase esta semana coa actuación da Banda Xuvenil de Salcedo e Banda Xuvenil Artística de Merza, o sábado, 20 de xullo,  na praza do Teucro a partir das 20.30 horas.


Paralelo ás Festas, estase a desenvolver no Pazo da Cultura o XV Curso internacional de cerámica contemporánea.