“Xan das Ondas”. Teatro infantil con Barafunda Animación

81

Lugar: Praza do Teucro

Hora: 19:30 h.

Entrada de balde

Barafunda Animación representará a obra de teatro infantil “Xan das Ondas”.

Xan é un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas.

Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?. Non te perdas esta fantástica aventura!.