Cuarta edición de Apadriña un little, o sábado nas pistas de campolongo!

62

As pistas deportivas de Campolongo acollen este sábado, 20 de xullo, de 09.30 a 21.00 horas a actividade cultural-deportiva Apadriña  un little 4.0, organizada por un grupo de mozos do concello e incluída dentro da programación de Ponteverán, polo que contan co apoio da Concellaría de Xuventude que esta mañá presentou o programa.
Nesta cuarta edición Apadriña un little 4.0 oferta un torneo de balonceso 3×3 nos que xa están inscritos 24 equipos, arredor de 150 persoas e desenvolverase de mañá e tarde.
O campionato de Skate, no que a inscrición será de balde, desenvolverase en dúas categorías: sub 18, pola mañá; e maiores, pola tarde. A entrega de premios está prevista para as 19.30 horas, aproximadamente. Está prevista unha participación duns 60 mozos.
A exhibición de graffiti contará coa presenza de 12 escritores procedentes de Pontevedra, Ourense, Santiago e un de Barcelona.
A exhibición de fixie recibirá afeccionados de Vigo e Coruña que farán un percorrido pola cidade amosando as súas acrobacias. A organización espera en congregar a medio cento de afeccionados.
A batalla all styles está aberto a unha grande modalidade de hip-hop e contará coa presenza de mozos de toda Galiza, e tamén de Granada.