Mañá abre o prazo para solicitar nichos nos cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio

38

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a apertura do procedemento para solicitar a concesión de nichos nos cemiterios municipais de San Amaro e Ponte Sampaio. Dende mañá, 20 de xullo, e durante 30 días hábiles, as persoas interesadas poderán solicitar un nicho nestes camposantos cumprindo os requisidos e adxuntando a documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello.
O Concello saca a concurso 267 nichos no cemiteiro de San Amaro e 86 en Ponte Sampaio. Os prezos en San Amaro oscilan entre os 1.500 euros e os 1.280 euros (dependendo da altura), e en Ponte Sampaio oscilan entre os 1.234 e os 1.290 euros. Todas as concesións serán por 75 anos. As persoas interesadas poderán solicitar un máximo de 4 nichos.
Aínda que a Concellaría que dirixe Carmen Fouces tratou de que os pregos estivesen abertos sen data de finalización para permitir que as persoas que precisen un nicho o poidan solicitar en calquera momento, limitacións xurídicas impiden esta solución.

Ver documento PDF