Pavimentacións, reparacións de beirarrúas e a actuación de Benito Corbal, para despois da Feira Franca

48

O Concelleiro delegado da área urbana e de accesibilidade, Luís Bará presentou esta mañá un programa de obras de reparación, reforma e accesibilidade que manterá a Pontevedra “en pe de obra” dende setembro até o mes de decembro, cando menos. Ademais de obras de reparación nalgunhas da beirarrúas da cidade, tamén están previstos pavimentacións, e a esperada intervención da rúa Benito Corbal.
Luís Bará explicou que se están a detectar problemas nas pavimentacións dalgunhas beirarrúas que poden se atribuíbles á climatoloxía, polo que a súa Concellaría realizará traballos en distintos puntos da cidade para correxir estas situacións.
Tamén estase a detectar problemas problemas de desgaste nas pavimentacións de certas rúas debido ao paso do tempo. Nalgunhas xa se está a actuar como na avenida de Vigo na que se están a reconstruír beirarrúas, instalar pasos de peóns elevados e tamén se fará a pavimentación de parte da avenida.
A Concellaría ten contabilizadas arredor de 30 rúas con pavimentos obsoletos e nos que será necesario actuar. Non está previsto pavimentacións completas (de toda a rúa), senon das partes máis danadas. Destas 30 rúas, o Concello xa está a traballar nos proxectos de Conde Bugallal, Eduardo Pondal, avenida de Bos Aires (dende a praia fluvial até a rotonda de entrada ao barrio de Monte Porreiro), Santiña, Germán Adrio, Loureiro Crespo, a rotonda da Policía Local en Alexandre Bóveda ou todas as rúas que circundan á Subdelegación do Goberno.
As pavimentacións iniciaranse despois das festas, para evitar coincidir cos plans de tráficos especiais desta época.

Benito Corbal
Dentro deste paquete de obras atópase a actuación en Benito Corbal que se realizará dende o cruzamento na rúa Sagasta até Daniel de la Sota. Trátase de facer plataforma única combinando lastro similar ao da rúa Michelena con formigón pulido. Tamén está previsto pequenas actuacións nas rúas Sagasta, Daniel de la Sota ou Cruz Gallástegui (intervir minimamente en beirarrúas ou almenas) para facilitar os movementos dos coches.
O orzamento total desta intervención (sinalización horizontal e vertical, incluída) é de 167.828 euros e poderase iniciar logo da Feira Franca, ou cando menos do mes de setembro, unha vez que se superen todos os trámites da contratación administrativo no Concello.
Luís Bará anunciou que á intervención en Benito Corbal seguiralle a prevista en Sagasta, Cruz Gallástegui, Castelao e Daniel de la Sota que tamén disporán de plataforma única.
O plan de tráfico previsto para as obras de Benito Corbal está esbozado pero darase a coñecer no inicio da obra, xa que dependerá de por donde estea previsto comezar os traballos (se por Daniel de la Sota ou por Sagasta).
 

Ver documento PDF