Pontevedra convidada ao III Encontro iberoamericano de Mobilidade Sostible

63

O Concello de Pontevedra foi convidado a participar o III Encontro Iberoamericano de Mobilidade Urbana Sostible que se celebra do 6 ao 8 de novembro en Lima (Perú). O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou esta mañá que as dúas edicións anteriores celebráronse en Barcelona e en Bogotá, e nesta ocasión Pontevedra recibiu o convite por parte do presidente do comité científico do Congreso.
O Goberno Local aínda non decidiu a participación neste foro internacional, pero César Mosquera resaltou que é un recoñecemento máis para o modelo urbano de Pontevedra, que como exemplo de boas prácticas xa traspasou fronteiras sendo reclamado en ámbitos mundiais.