Comeza a construcción de dous campos de petanca no Miradoiro de Monte Porreiro

75

Nuns quince días o barrio de Monte Porreiro disporá de dous campos de petanca, no Miradoiro, dentro de propósito do Concello de completar as instalacións e dotar de novos equipamentos esta zona de encontro do barrio.
O Concello iniciou hoxe os traballos de construcción destes dous campos regulamentarios para celebrar calquera competición oficial. Son dúas pistas de 15×4 (por campo) situadas preto do parque infantil do Miradoiro, e cun acceso dende o paseo central. Terán un acabado de xabre e estarán enmarcados en madeira tratada. Son dous campos paralelos pero separados cun listón de madeira.
Tamén está previsto que as cabezas do campos sexan un pouco máis elevadas, para cumprir regulamentariamente coa práctica deste xogo tradicional.
Os campos de petanca estarán unidos ao parque infantil cun sendeiro con lastro (material similar que existe na zona) co obxectivo de permeabilizar toda a zona de xogos do Miradoiro e facilitar, deste xeito, a socialización neste ámbito lugar de encontro de persoas de todas as idades, que se completa con outras instalacións como a horta urbana, situada fronte a este espazo de xogos.