Santiaguiño, Festixeve e Cinema na Lúa, propostas da semana nas festas de verán

33

A praza da Ferraría pecha esta noite o XXI Festival Internacional de Blues e Jazz de Pontevedra coa actuación de Viajy Iyer Trío, a partir das 22.30 horas, pero a programación das festas de verán de Pontevedra continúan adiante esta nova semana con novas propostas: concertos de bandas, Cinema na Lúa, o Festixeve 2013 e as tradicionais festas do Santiaguiño.
A programación de bandas e a seguinte:
• Martes, 23 de xullo, ás 21.00 horas. Concerto luso galaico. María do Ceo & Banda de Música de Salcedo na praza da Ferraría.
• Vernes, 26 de xullo, ás 21.00 horas. Banda Cultural de Salceda de Caselas na praza do Teucro.

Cinema na lúa proxectará dende o 24 ao 28 de xullo, ás 23.00 horas na praza da Pedreira. A carteleira é que segue:
• Mércores, 24. Grupo 7
• Xoves, 25. Mientras duermes
• Venres, 26. Intocable
• Sábado, 27. El caballero oscuro. La leyenda renace
• Domingo, 28. Up

As festas de Santiaguiño do Burgo comezarán na véspera do día grande. O venres, 24 de xullo a programación é a seguinte:
• 11.30 horas. Pasarrúas, con Os Alegres
• 20 h. Procesión polo barrio do Burgo para recoller as uvas e o millo, con Xoldra
• 22.30 horas. Verbena no recinto feiral coas orquestras Rítmo Joven e Canela de Vigo.

Xoves, 25 de xullo
• 10 h. XVII Maratón Popular Santiago Peregrino do Burgo. Saída da Ponte do Burgo, Domingo Fontán e A Xunqueira do Vao
• 11.30 horas. Pasarrúas, con Chouteira e Dolmen
• 12.30 horas. Procesión e concerto da Banda M. de Pontevedra
• 22.30 horas. Verbena no recinto feiral, con Embajadores e Arena
• 24 h horas. Fogos de artificio na beira do río (entre as Pontes do Burgo e Santiago)

Venres 26 de xullo
• 11.30 horas. Pasarrúas, con Os de Mourente
• 20 h horas. XV Festa Homenaxe ás Persoas Maiores, con “Maravallada”. Teatro Principal
• 22.30 horas. Verbena no recinto feiral, con Alcotán de Vigo e Hirosima

O Festixeve 2013 celebrarase esta fin de semana, sábado, 27 de xullo e domingo, 28 de xullo, no Campo de Vilar de Fragoso de Santo André de Xeve. A programación para estes días é a seguinte:
Sábado, 27 de xullo: 22.30 horas verbena galega, música tradicional a cargo de Pandeiromus, Pachanga galega, Os Cuchufellos, Picadiscos e Nonito Nondosonoro.
O sábado, 28 de xullo están previstos xogos populares ás 17.00 horas e a actuación de Batucada Olodum do Coio, á mesma hora.

Para máis información sobre o Festixeve no web festixeve.com