Case 200.000 euros para mellorar as instalacións da canceira

68

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación das obras de mellora da canceira municipal á empresa G.P.D.  por 198.861 euros. O portavoz do Goberno, Raimundo González lembrou que o Concello, no inicio do mandato, acordou desbotar o proxecto de máis dun millón de euros para construír unha nova canceira, e optou por reformar as instalacións actuais en común acordo coa asociación que na actualidade xestiona esta canceira, o colectivo Palleiros.
Entre as obras que se van a executar están a creación dun acceso peonil dende a estrada ao edificio da canceira independizado, mediante valado, do resto das instalacións. O propósito é conseguir que o persoal traballador ou voluntario, e tamén os visitantes, poidan acceder ao interior sen necesidade de pasar entre os cans soltos.
Construiranse 50 canís individuais cubertos para liberar espazos no edificio principal necesarios para outros usos como almacén, aseos, clínica veterinaria… Formación de espazos exteriores independentes mediante a instalación de valados metálicos.
O proxecto tamén pretende mellorar as condicións de limpeza e hixiene mediante a pavimentación con formigón pulido de parte da superficie exterior do recinto, canalizando as augas sucias até a rede de saneamento. Tamén se instalarán billas distribuidas no interior do recinto.
Está previsto a mellora do exterior do edificio co seu pintado.