O Concello recibirá unha nova praza de 2.000 metros en Amado Carballo

37

O Concello de Pontevedra disporá dunha nova praza de 2.000 metros cadrados para uso e disfrute da cidadanía cara final de ano. Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro logo da reunión da comisión de Urbanismo, quen acordou a recepción parcial da urbanización que a constructora Construcuatro está a realizar entre as rúas José Malvar, Loureiro Crespo, Casimiro Gómez e Amado Carballo.
Neste acto administrativo, que se concretará mañá, ás 13.30 horas, coa sinatura por parte do alcalde en funcións, Antón Louro coa xunta de compensación desta unidade de actuación número 34, o Concello recibirá parcialmente a urbanización, que poderá estar rematada a finais de ano, segundo as previsións da constructora.
Mañá o Concello recibirá 704 metros cadrados (beirarrúas e parte dun vial) que permitirá o acceso dos particulares aos estacionamentos dos edificios. Trátase dunha prolongación da rúa Amado Carballo, a carón da igrexa Virxe do Camiño. E xa a final de ano, o barrio disporá dunha praza de 2.000 metros cadradados ademais dun acceso peonil ate a rúa Loureiro Crespo.
Antón Louro descartou esta mañá a posibilidade da construcción dun estacionamento soterrado na rúa Amado Carballo como estaba previsto “porque o propio mercado dixo que non ten sentido xa que non hai demanda”. Ademais, os novos edificios dispoñen de 50 prazas para a venda, para os que tampouco hai demanda.
Por igual motivo, tampouco será unha realidade -polo de agora -o estacionamento da Unidade 5, na antiga parcela do Teucro.