Operativo de tráfico polas touradas

65

A Policía Local elaborou un operativo especial de tráfico con motivo das touradas que se celebrarán esta fin de semana na praza de touros da cidade. O operativo estará limitado aos arredores da praza de San Roque para que as celebracións poidan darse nas mellores condicións de seguridade.
• Sábado 3 de agosto: dende as 08:00 horas prohíbese o estacionamento  nas rúas próximas á praza de touros: Victor Said Armesto, Campo da Torre e Nostradamus Lourido até as 22:00 horas do domingo, 4  de agosto.
• Dende as 18.00 horas da tarde (tanto o sábado como o domingo) quedarán peonalizadas as rúas Alameda, Raíña Vitoria, boa parte de Colón e San Roque, así como as que arrodean a praza  por motivos de seguridade.
Será necesario instalar 25 valos con sinalización efémera. A avenida de San Roque quedará cortada nas Corbaceiras en sentido subida, así como Víctor Said Armesto e outras rúas menores que dan acceso á praza de touros.
Tamén se cortará o paseo de Colón á altura da rúa Monteleón, de tal xeito que os vehículos que circulen por esta vía desde a ponte da Barca, deben dirixirse á avenida de Uruguai. Os vehículos que circulen desde a avenida de Uruguai pola rúa Irmáns Nodales, terán que voltar ás Corbaceiras por San Roque.
En canto aos efectivos humanos da Policía Local a previsión é reforzar os servizos con respecto ao ordinario que se organizarán en quendas de tarde e noite para maior seguridade. Os axentes municipais contarán coa colaboración habitual da Policía Nacional, co que se consensuaron os operativos.
Estas medidas foron coordinadas pola concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, en colaboración cos responsábeis da seguridade e a mobilidade local, así como os servizos de limpeza que elaboraron un operativo paralelo e especial.
Lembrase a prohibición  da invasión do espazo público con barras de distribución de bebidas.

Ver documento PDF