Bo ritmo nos traballos de reforma da Casa Consistorial

60

.  O portavoz do Goberno, Raimundo González visitou esta mañá as obras de restauración da Casa Consistorial, un proxecto que se está a acometer por fases debido a que o proxecto global de restauración integral superaría os 2,5 millóns de euros. Con estas restauracións parciais o custe da rehabilitación dun 25% das previsións iniciais, segundo explicou esta mañá Raimundo González, devolvéndolle o edificio a súa solemnidade.
A visita fíxose na primeira planta e no baixo cuberta do Concello, dado que a primeira fase da restauración son obras, basicamente, de carácter estructural. A mellora da cuberta do edificio está no seu tramo final, dado que están instaladas as distintas campas de impermeabilización e está pendente da instalación da cuberta de zinc, que recuperará a imaxe primixenia da Casa Consistorial.
Tamén están realizados os traballos de desinfectación (a estrutura de madeira do teito estaba atacada por carcoma e termita). Fíxose un tratamento en toda a estrutura do baixo cuberta, o que obrigou a tirar os falsos teitos da primeira planta (da sala de plenos, por exemplo) para poder traballar pola parte baixa do chan.
Outro dos traballos era a mellora exterior do edificio retirando os panos brancos actuais para recuperar o morteiro de cal tradicional que serán pintados de branco. Estas obras están moi avanzadas. De feito, o portavoz do Goberno anunciou que na vindeira semana está previsto a retirada do andamio da fachada principal e da que dá aos antigos aseos públicos. E en días seguintes retiraranse o resto de andamios.
Ao tempo que se fan estes traballos na fachada, tamén se están a retirar todos os elementos que afean o edificio: cabo, canaletas,… A última parte da obra será o cambio de toda a carpintería exterior, así como a restauración das dúas portas principais da Casa Consistorial.
Raimundo González explicou que a medida que se vai facendo a obra aparecen aspectos descoñecidos e, incluso, boas noticias, como a apertura de dúas fiestras atopadas no Salón de plenos. Son ventanas que estaban perfectamente situadas no exterior, pero que se descoñecía si existían no interior. Ao picar a parede apareceron as ventás tapiadas, así que os técnicos acordaron deixalas no seu estado orixinario ampliando a luminosidade do Salón de plenos.
O portavoz do Goberno tamén comentou a seguinte fase de reforma do edificio. Unha vez concluídas as obras desta primeira fase, o Concello comezará a traballar no proxecto de recuperación da primeira planta da Casa Consistorial (onde se atopaba a Alcaldía e o Salón de plenos, ademais doutras dependencias).
Estimou que, a priori, esta segunda fase podería supoñer un investimento duns 500.000 euros xa que é preciso a instalación dun ascensor para facer accesíbel o edificio, así como a renovación de todos os servizos (sistema eléctrico, de calefacción…) e a propia restauración interior da Casa Consistorial, que terá un tratamento singular dado que, en principio, está pensado para a representación institucional coa recuperación do antigo Salón de plenos en toda a súa lonxitude ou a creación de espazos para os grupos políticos.
De todos os xeitos,  a medida que vai avanzando a obra e en función das necesidades do Concello, o Goberno local estimará os usos finais desta primeira planta.