ANUNCIO SOBRE A DETERMINACIÓN DA PORCENTAXE DE RESERVA PARA VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA APLICABLE AO SECTOR DO SOLO URBANIZABLE B.3, “CAMPOLONGO”.

40

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de xullo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro– Establecer a porcentaxe do 20% da edificabilidade residencial, como reserva para vivendas sometidas a algún réxime de protección pública, no ámbito do sector do Solo Urbanizable B.3, “Campolongo” mantendo a porcentaxe de vivenda protexida reflectida e repartida no Plan Parcial definitivamente aprobado por acordo do Pleno do 20.05.2005, ao abeiro da Dtª 7ª da Lei 8/2012, da Vivenda de Galicia; do art. 47.11 b) da Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, á que anterior se remite; e da DTª 1ª do Texto Refundido da Lei do Solo, aprobado por RD Lex. 2/2008; e unha vez publicados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para concellos de máis de 5000 habitantes.

 

Segundo.– Faise expresa remisión á proposta da Concellaría delegada de Urbanismo do 21.06.2013 aos efectos da motivación do presente acordo.

 

Terceiro.- Procederase, polo tanto, á execución do referido sector SU B.3, “Campolongo” segundo o Plan Parcial aprobado definitivamente por este Concello a 20.05.2005.

 

Cuarto.- Darase traslado deste acordo aos propietarios afectados incluídos no ámbito do Plan Parcial e demais interesados, publicarase no DOG, no BOP e na web http://www.pontevedra.eu para a súa constancia, e comunicarase á Administración Autonómica aos efectos oportunos.

 

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se considere e sexa conforme a dereito.

 

 

Pontevedra, 02 de agosto de 2013.

 

 

O SECRETARIO XERAL DO PLENO, PD.

 

A TÉCNICO DA ADMON. XERAL DO SUMAPH.

 

 

 

Asdo.: Beatriz Rodríguez Yáñez