O Concello mellora a urbanización do vial principal do lugar do Quinteiro, en Bora

60

O concelleiro delegado da parroquia de Bora, Miguel Filgueira visitou esta mañá os traballos de reurbanización do lugar do Quinteiro.
As arríadas do inverno provocaron a caída dun muro na vía principal do lugar, o que impedía a circulación rodada pola zona. Unha vez que o permitiu o tempo comezaron os traballos de reconstrucción do muro, pero a Concellaría do rural aproveitou para retranquealo ampliando a sección da calzada e permitindo o tránsito de vehículos pesados que até o de agora tiñan dificultades para pasar. Era de difícil acceso, incluso, para ambulancias.
Ao tempo que se executa esta obra, Miguel Filgueira acordou que se realizasen traballos de reurbanización do lugar reasfaltando o tramo cos aproveitamentos dos sobreanchos e canalizando as augas pluviais da zona, que tantos danos causaron o pasado inverno.