Comeza a restauración integral do Camiño da Gándara

39
O concelleiro Demetrio Gómez visitou hoxe a rúa da Gándara, donde comezan as obras para a súa restauración completa, unha adxudicación realizada a Construcións Crespo que costará algo máis de 240.000 euros.
 
O investimento servirá para facer unha rehabilitación estructural de todo o firme nunha superfice de 233 metros lineais. Na actualidade, as dificiencias que existen na rúa son tan importantes que o seu mantemento resulta costoso, polo que os técnicos municipais apostaron pola súa rehabilitación integral.
 
Tamén está previsto unha nova rede de abastecemento e de saneamento, con separativa de pluviais que irá acompañada de sumidoiros e todos os elementos necesarios desta rede. A obra rematará cunha nova sinalización horizontal e vertical neste tramo da rúa proxectado.
 
A rehabilitación estrutural ten por obxecto non só restaurar e mellorar as características superficiais do pavimento, senón tamén conformar e reforzar a superestructura que soporta o tráfico e a actividade que se desenvolve na rúa da Gándara, que é lugar de paso cara a Xunqueira de Alba e próximo ao Camiño portugués.