Unha fuga en Ence provoca alamas innecesarias

37
Varias chamadas de veciños da zona da Parda alertaron onte á Policía Local e ao 112 dun forte e desagradable, que resultou ser provocado por unha fuga interna dunha caldeira no interior da factoría Ence, da que ésta non deu conta debido a que o considerou un asunto interno.
 
Así o puxo de manifesto a concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, que fixo balanzo da primeira fin de semana das festas da Peregrina. O incidente ocorreu sobre as 9 da noite, cando os bombeiros se trasladaron a inspeccionar a zona, donde non atoparon nada irregular. 
 
Con posterioridade, a empresa informou que se trataba do mal funcionamento dunha caldeira, pero consideraron que non revestía a relevancia necesaria para activar os protocolos de emerxencia exterior, xa que foi controlado cos propios medios da factoría. 
 
Porén, Da Silva conminou á empresa a extremar a precaución, e sobre todo a avisar con premura aos servizos de emerxencia para que eles teñan a información necesaria e non se vexan obrigados a pescudar inútilmente a orixe dun cheiro que provén desta factoría. Se fose así, a cidadanía podería estar mellor informada sobre un asunto preocupante.