“Ni para ti ni para mi”

41

Lugar. Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 22 €. Entradas á venda en www.servinova.com

Belinda Washington e Miriam Díaz-Aroca interpretan a dúas mulleres acaban de sufrir unha perda irreparable. As dúas quedaron viúvas.

No tanatorio, cando van recoller as cinzas, descobren que non só comparten a pena por perder o seu marido, senón que, ademais, o defunto é o mesmo: estiveron casadas co mesmo home e só hai un quilo de cinzas a repartir entre as dúas. A pena convértese en rabia e fracaso e mentres unha quere descubrir que ten a outra que non tivese ela, a outra quere esquecer todo canto antes e pasar páxina. Pero non lles vai ser doado: o defunto tenos gardada unha nova sorpresa. Se queren herdar algo del deberán convivir nun mesmo piso as dúas, en amor e compañía…