“El coloquio de los perros”, de Els Joglars

40

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 22 €. Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com

Despois de “El Retablo de las Maravillas” e de “En un lugar de Manhattan”, a admiración da compañía Els Joglars por Cervantes permanece intacta, converténdose nun excelente compañeiro de viaxe neste novo andar escénico de “El coloquio de los perros”.

Claro que os dous protagonistas desta novela exemplar, os discretos cans vagabundos Cipión e Berganza, que foron bendicidos polo don do fala durante unha noite, cousa sobrenatural e xamais vista, non puideron gozar dos adiantos que gozan os seus actuais conxéneres de catro patas do século XXI, moitos deles empachados de confort, consentidos como nenos mal criados e enchidos de atencións e prozac polos seus rendidos donos, situación que se dá nestes tempos actuais en que o tan nomeado estado do ben estar humano parece que se desangra polas continuas puñadas que lle deron os bípedes de diversas variedades e especies, pecando de malicia…