“Última edición”

37

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 22 €. Entradas á venda en www.servinova.com

Obra de Eduardo Gálán e Gabriel Olivares, dirixida por Gabriel Olivares.

Ante a crise de lectores e o enorme descenso de venda de xornais, acábase de practicar un ERE na redacción de “O Universal”.

Non obstante, é contratada Minerva, unha xoven e brillante redactora, pola que aposta o consello de administración do periódico para que colabore en modernizar a edición dixital e a contribuír coa súa formación ao relanzamento do xornal.

Minerva é recibida con receo por parte de Paloma, a directora do xornal dende hai 30 anos, e por Fontes, vello amigo de Paloma, fotógrafo e redactor do diario. Nestas circunstancias xorde unha noticia que pode dar lugar a unha investigación xornalística que poñería ao diario no foco da noticia.

Escrita en forma de “thriller”, con toques de humor e en ton de comedia. O final, case en forma de xogo de pícaros.