“Berto Romero sigue con nosotros”

66

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 21:30 h.

Prezo: dende 14 €. Entradas á venda en www.servinova.com

Os rumores eran certos. Berto Romero estaba a atravesar unha etapa complicada. A fama subíraselle á cabeza, os traumas que carrexaba dende pequeno polo seu aspecto físico e a tormentosa relación coa súa familia lle fixeran ir andando a tombos. Digámolo claro: non estaba ben.

Pero Berto volveu. Agora é un pai responsable, un cómico respectado e está a alcanzar a madureza. A un paso de converterse en corentón, cre ter aprendido algunhas boas leccións que quere compartir connosco. Superou os complexos e traumas que o atenazaron no pasado, e todo apunta a que está a desenvolver uns novos.

Polo demais, segue obstinado en cantar e bailar e en explicar a súa vida. E a dos demais.