PONMO Pontevedra Moda

75

PONMO nace co obxectivo de promover talentos da moda mediante a creación dun novo punto de encontro para o deseño, a venda e o contacto co público. Unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo de Pontevedra que busca tomalo o pulso ás novas tendencias, posicionándose no circuíto da moda cunha estética renovada acorde co momento actual.

+info. no teléfono 693 405 914, no e-mail info@ponmo.com e en www.ponmo.com

Programa de eventos, do xoves 26 ao sábado 28 de setembro:

Xoves 26 de setembro:

21 h. Liceo Casino > Desfile cóctel de inauguración de PONMO Pontevedra Moda na sede social do Liceo Casino de Pontevedra, rúa Manuel Quiroga, 21. Presentación das coleccións de novos deseñadores vinculados á cidade de Pontevedra. É necesario convite previo para asistir ao evento.

Venres 27 de setembro:

11 h. Recinto Feiral > Inauguración do showroom de novos creadores do sector da moda, complementos e accesorios, onde se mostrarán as últimas tendencias en deseño. Permanecerá aberto ao público ata as 20:30 h.

21:30 h. Recinto Feiral > Certame de novos creadores Mara Martín PONMONOVO. Pasarela en formato concurso onde un xurado de profesionais seleccionará a mellor colección e o mellor estilismo, patrocinado por Mara Martín, viño das Adegas Martín Códax. Os gañadores recibirán un premio en metálico. Entrada gratuíta previa invitación para asistir ao evento. Organizaranse ao longo do día actividades na cidade de Pontevedra, como desfiles na rúa, exposicións e conferencias.

Sábado 28 de setembro:

11 h. Recinto Feiral > Apertura do showroom de novos creadores do sector da moda, complementos e accesorios, onde se mostrarán as últimas tendencias en deseño. Apertura ata as 20:30 h.

13 h. Liceo Casino > Desfile do deseñador pontevedrés Javier Barrio, na sede social do Liceo Casino, rúa Manuel Quiroga, 21. É necesaria invitación previa para asistir ao evento.

21:30 h. Recinto Feiral > Pasarela PONMO. Desfile de marcas de moda galegas no que participarán Dioxide, Baena, Gonzalo Vázquez, Hipotenûsa e Alalá Alta Costura. Renderáselle homenaxe á traxectoria do modisto galego Gene Cabaleiro, cun desfile retrospectivo coas súas pezas máis significativas. Entrada gratuíta previa invitación para asistir ao evento. Organizaranse ao longo do día actividades na cidade como desfiles na rúa, exposicións e conferencias.