Visitas comentadas “Un paseo entre as pedras”

33

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: 19:30 h.

Visitas comentadas á exposición "Luna Azul" do escultor cambadés Manolo Paz, a cargo do Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra. Tódolos martes e xoves ás 19:30 h. ata o día da clausura.

O percorrido consiste nun paseo entre as obras de Manolo Paz intentando transmitir a esencia da súa linguaxe creativa, as particularidades das obras expostas e sobre todo, unha orien-tación á hora de experimentar a arte contemporánea a través dun dos máis importantes artistas do panorama actual galego.

Nesta iniciativa os membros do Gabinete Didáctico contaron coa colaboración do artista, que xenerosamente lles brindou parte do seu tempo compartindo algunhas reflexións sobre as obras que configuran a exposición Luna Azul. Agora eles queren compartir co público as devanditas reflexións e enriquecelas coa súa colaboración.

+info. en www.museo.depo.es