A Deputación de Pontevedra convoca este certame para todos aqueles artistas residentes ou nacidos en Galicia e que non fosen premiados en anteriores convocatorias. As obras presentadas deberán ser orixinais. Só se aceptará unha obra por artista. Este concurso que conta cun total de 9.000 € en premios.
As obras presentaranse no Sexto Edificio do Museo Provincial de Pontevedra (Rúa Padre Amoedo, s/n, Pontevedra 36002).
O prazo de presentación está aberto ata o 5 de setembro.
+info. en www.depo.es