Ciclo “En paralelo: Noites de literatura e cine”

69

Lugar. Sexto Edificio. Museo de Pontevedra

Hora: 20 h.

Participación libre e gratuita ata completar aforo.

O ciclo “En Paralelo: Noites de Literatura e Cine”, consiste na intervención mensual dun escritor que reflexionará sobre o xénero literario que define a súa obra ou algún aspecto do mesmo.

Esta charla será complementada á semana seguinte coa proxección dunha película relacionada co tema tratado.

Ata finalizar o ano o programa é o seguinte:

27 de setembro >  Conferencia a cargo de Javier Olivares: Isabel: la historia y las historias.

2 de outubro > Proxección da película Shakespeare in love (John Madden, 1998).

18 de outubro > Presentación do libro Luisa y los espejos, de Marta Robles.

23 de outubro > Proxección da película El inocente (Luchino Visconti, 1976).

8 de novembro > Conferencia a cargo de Domingo Villar: Escribir novela negra.

12 de novembro > Proxección da película El sueño eterno (Howard Hawks, 1946).

11 de decembro > Conferencia a cargo de Javier Sierra: El maestro del Prado.

18 de decembro > Proxección da película El Molino y la cruz (Lech Majewski, 2011) .