AMPLIACIÓN DAS OBRAS NA AVENIDA DE COMPOSTELA

52

O Ministerio de Fomento informa que por mor de cuestións tecnicas precisan voltar a actuar na Avenida de Compostela, provocando unha afección na circulación de entrada a cidade dende o norte pola Avenida de Compostela (N-550).

Por todo elo, dende as 10 horas do LUNS 9 ata o VENRES 13 de setembro permanecerá pechado o carril de entrada a cidade pola Avenida de Compostela, no tramo entre a Glorieta de Medico Ballina e a Glorieta de Pasarón.

A circulación de entrada desvíase:

–          Pola rúa Medico Ballina cara as pontes do Burgo e Correntes.

–          Pola nova variante de Monteporreiro cara a Avenida de Bos Aires.

Para os vehículos procedentes de Caldas aconsellase o desvío polo enlace entre a N-550 e a estrada de Vilagarcía, pola PO-225, para acceder a cidade polo Nó de Bombeiros.