Melloras do cemiterio de Lourizán

61

A concelleira responsábel do servizo de cemiterios, Carmen Fouces xunto ao concelleiro delegado da parroquia de Lourizán, Demetrio Gómez manteñen esta tarde unha reunión, a partir das 18.30 horas, cos veciños de Lourizán no cemiterio parroquial. No encontro presentaranlle o proxecto de mellora do cemiterio, unha demanda veciñal para ordenar unha das rúas do cemiterio que resulta moi tortuosa e con moitas barreiras arquitectónicas.
O proxecto consiste en levantar todo o pavimento da rúa do cemiterio que se atopa en moi mal estado e con moitos desniveis. Tratando de equilibrar as cotas da rúa e dos propios panteóns, reporase todo o firme, instalarase unha varanda de aceiro inoxidable e tamén se fará unha mellor canalización das augas pluviais dentro desta rúa.
O investimento é de 17.000 euros, que se ven a sumar a outras pequenas actuacións que a concellaría xa realizou no cemiterio de Lourizán, como o picado do firme doutra das rúas nas que se esvaraba coas chuvias.