Visita ás melloras da avenida de Vigo e estudo de novas actuacións

33

As concelleiros Luís Bará e Carmen Fouces, xunto aos veciños, visitarán esta tarde, a partir das 17.00 horas, as obras de ampliación de beirarrúas, mellora da accesibilidade e seguranza viaria, coa instalación de pasos elevados, na avenida de Vigo.
Os traballos, que tiveron un custe de 40.000 euros, xa están rematados e supuxeron unha mellora substancial para este segundo tramo da avenida que ao tratarse unha recta moi longa de entrada á cidade coa presenza de centros de ensino preto e con moita actividade comercial, requería un tratamento de seguranza viaria e accesibilidade axeitada.
Ademais, os concelleiros aproveitarán a situación para abordar outras melloras neste ámbito como a plaza situada entre a avenida da Estación coa avenida de Vigo (na que fai esquina o establecemento Aterriza como puedas), ou o camiño peonil entre a avenida de Vigo e a avenida da Estación (sae xunto á estación da autobuses), que é moi empregado a diario polos veciños do lugar.
Son melloras que o Concello quere abordar nun futuro próximo pero que, en parte, veranse afectados pola obra do desdobramento da avenida de Vigo.
O concelleiro Luís Bará dacordo cos veciños priorizaron estes traballos para mellorar a seguranza viaria, a accesibilidade e a mobilidade peonil no último tramo da avenida de Vigo, sendo conscientes de que a avenida necesita unha actuación en profundidade, de reforma urbana, pero que non se acometerá até despois da construcción do desdobramento.