A “Operación asfalto” comeza o venres o asfaltado de Germán Adrio

63

O Concello de Pontevedra continúa o luns coa “Operación asfalto” que dirixe o concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará, coa mellora do firme da rúa Germán Adrio, perpendicular á avenida de Vigo. O peche da rúa está previsto para este venres, 13 de setembro a partir das 08.30 horas, e estará pechado só a xornada do venres.
A “Operación asfalto” son traballos de conservación e mantemento de distintas rúas do centro urbano para reparar pavimentos en mal estado, que se van deteriorando co paso do tempo, e especialmente, coas copiosas chuvias do pasado inverno. Dentro desta operación xa se realizou o asfaltado de Eduardo Pondal, a glorieta de Alexandre Bóveda, a avenida de Bos Aires, diante do pavillón universitario, ou Conde Bugallal.
Houbo que retrasar a intervención na avenida de Bos Aires, subida cara Monte Porreiro, polas obras na avenida de Compostela.
A primeira fase vaise desenvolver entre os meses de setembro e outubro, cando está previsto arranxar dez das trinta rúas incluídas no plan. Tamén está en carteira reparar diversos treitos de Loureiro Crespo, A Santiña, Enrique Marescot e Prudencio Landín.  O investimento previsto nesta primeira fase é de 500.000 euros.