Bo comezo da ampliación dos Camiños escolares aos centros de ensino do centro

62

O intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle comprobou ao longo da mañá (tanto na entrada como na saída dos colexios) o funcionamento da ampliación dos Camiños escolares á maior parte dos centros de ensino do ámbito urbano.
Daniel Macenlle asegurou que “os comezos son esperanzadores, porque observamos a moitos alumnos acudir aos centros de ensino a pé”. Puntualizou que moitos ían acompañados de adultos, e aínda que o obxectivo da iniciativa é tentar que os rapaces acudan sós aos coles, “o importante é que vaian a pé”.
Esta afirmación tiña a súa principal mostra nas rúas Echegaray e Alfonso XIII habitualmente colapsadas ou con tráfico lento nestas datas, “e hoxe funcionaron moi ben”.
Daniel Macenlle explicou que tanto o operativo especial montado pola Policía Local, como todos os colaboradores que participan nos Camiños Escolares estiveron no seu papel “e todo funcionou correctamente”.