Novo mapa de mobilidade do Concello de Pontevedra

114

O Concello de Pontevedra presentou esta mañá un novo mapa de mobilidade, de grande tamaño, de uso práctico para oficinas ou locais que recolle unha grande cantidade de información práctica do concello: a mobilidade a pé, en bicicleta, a mobilidade a motor, o metrominuto, o centro histórico, as parroquias…
O concelleiro de mobilidade, César Mosquera explicou que o Concello editou 5.000 exemplares que terá unha distribución de carácter oficial pero tamén se pode solicitar no propio Concello de Pontevedra por parte daqueles particulares que precisen este tipo de documento.
O documento pódese consultar na páxina www.pontevedra.eu/movete