Reforzo da seguranza viaria no ámbito dos colexios habilitando zonas de “Servizos”

55

O Concello de Pontevedra deu un chanzo máis neste inicio do curso escolar mellorando a seguranza viaria no  ámbito dos centros de ensino no centro urbano. Segundo explicou esta mañá a concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, aínda que o obxectivo do Concello é fomentar que os nenos vaian andando ao colexio de ahí a ampliación dos Camiños escolares a todo o centro urbano, “entendemos que hai alumnos que, por distintos motivos, teñen que acudir en coche ao centro”.
Para garantir a seguranza viaria na contorna dos centros escolares, o Concello estudou todos os ámbitos e habilitará zonas de “Servizos” en todos os centros de ensino. Son zonas habilitadas de 08.00 a 21.00 horas, autorizando unha parada de 15 minutos. Son zonas nas que os conductores poderán estacionar coa máxima seguridade para os nenos e evitando riscos innecesarios. De feito, a concelleira explicou que dende as cámaras da Policía Local detéctanse situacións de perigo “e non se pode xogar todos os días coa sorte”.
O Concello traballa nestes días na sinalización horizontal e vertical das distintas zonas, e poderá entrar en funcionamento a finais de semana o principios da vindeira, e estará controlado pola Policía.
Ao respecto dos centros de ensino, as medidas serán as seguintes:
➢ Doroteas: zona de servizos en Alfonso XIII e Echegaray.
➢ Froebel: servizos en A Barca e Martitegui. Tamén se acotará con morróns un cuarto da praza que non ten utilidade durante o período lectivo.
➢ Campolongo: servizos en Iglesias Vilarelle e Augusto García Sánchez
➢ Salvador Moreno: en ambas beirarrúas de Rosalía de Castro, diante do centro de ensino.
➢ Barcelos: fronte ao centro de ensino.
➢ Álvarez Limeses e Calasancias: en Joaquín Costa e Blanco Porto.
➢ Sagrado Corazón: na rúa A Estrada, a ambos lados
➢ Vidal Portea: xa está habilitado dende o pasado curso.