Estruming days

59

O Concello de Pontevedra organiza "Estruming days", unhas xornadas para profesionais para activar iniciativas empresariais no rural. 

Os encontros realizaranse en tres sesións, o último venres de setembro, outubro e novembro, nas que se tratarán tres elementos clave para a mellora e sostenibilidade das empresas: I+D+i, Deseño e Tecnoloxía.

A primeira xornada desenvolverase na Misión Biolóxica. Será o 27 de setembro tendo como convidadas as empresas Orballo Innovaciones forestales e Bodegas Fermenta. O día 25 de outubro impartiranse na Casa de Cultura de Santa María de Xeve e están convidadas Woodglass e Cenlitros-metrocadrado; o día 29 de novembro impartirase na Facultade de Belas Artes e participarán as empresas Elogia e Saborplace..

Ver documento PDF