Festival das Núbebes

71

Festival de artes escénicas para bebés e familia. Teatro, contos, música danza e obradoiros para compartir co teu bebés.

Do 21 ao 29 de setembro.

Todas as actividades son de balde.

Recolle a túa entrada na porta ou billeteira do lugar onde se celebre o evento, dende unha hora antes do comezo do mesmo.

Ten en conta que o aforamento é limitado e o número de prazas depende da actividade.

Por favor, chega un pouco antes da hora.

Os bebés sempre deben ir acompañados por un ou dous adultos.

Os obradoiros requiren inscrición previa. Reserva a túa praza escribindo a: contacto@baobabteatro.com

Envía o teu nome, enderezo, teléfono e DNI e indica a que obradoiro/s te queres apuntar. Se conseguiches praza recibirás un mail de confirmación.

 

SÁBADO 21

12.00 h. Teatro Principal. INAUGURACIÓN. Presentación do Festival a cargo de personaxes entrañables e artistas convidados. De 0 a 5 anos | 40 min.

18.00 h. e 19.00 h. Casa Azul. ZAPATOS. Caramuxo Teatro. Espectáculo de teatro para bebés e familia. De 1 a 5 anos | 30 min.

20.30 h. Teatro Principal. NENOS QUE ESCOITAN AVÓS. Celso Sanmartín. Sesión de contos para avós/as, papás/mamás e todo o que queira escoitar | 1 h.

 

DOMINGO 22

11.30 e 12.30 h. Teatro Principal. O SON ARROLADOR. Marcelo Dobode e Mónica de Nut. Obradoiro de música para bebés e familia. De 0 a 4 anos | 30 min.

11.30 h. (de 6 a 18 meses) Casa azul. 12.30 h (de 18 a 36 meses) Casa azul. XOGANDO COS SENTIDOS. ETL Paspallás. Obradoiro sensorial para bebés e familia. 30 min.

17.30 h. e 18.30 h. Casa das Campás. CONTOS PARA BEBÉS. Pavís Pavós. Sesión de contos para bebés e familia. De 0 a 4 anos | 30 min.

19:30 h. Teatro Principal. A RATIÑA AZUL E O QUEIXO LEVITADOR. Marcelo Dobode e Mónica de Nut. Espectáculo musical para bebés e familia. Estrea. De 0 a 5 anos | 40 min.

 

VENRES 27

18.00 h. (de 6 a 18 meses) Casa azul. 19.00 h (de 18 a 36 meses) Casa azul. XOGANDO COS SENTIDOS. ETL Paspallás. Obradoiro para bebés e familia | 30 min.

 

SÁBADO 28

11.30 h. (de 6 a 12 meses) Casa azul. 12.30 h (de 13 a 24 meses) Casa azul. 17.30 h (de 24 a 36 meses) Casa azul. 18.30 h (de 3 a 4 anos) Casa azul. DANZA PARA BEBÉS. Artestudio. Obradoiro de danza para bebés e familia. 40 min.

18.00 e 19.00 h. Teatro Principal. KUBIK. Teatro Paraíso. Espectáculo de teatro para bebés e familia. De 0 a 3 anos | 30 min.

 

DOMINGO 29

11.30 h. (de 0 a 3 anos) Casa azul. 12.30 h (de 3 a 6 anos) Casa azul. 17.30 h (de 0 a 3 anos) Casa azul. 18.30 h (de 3 a 6 anos) Casa azul. XOGOGANDO ENTRE NÓS. Patricia Canabal. Obradoiro de xogo corporal para bebés e familia. De 0 a 3 anos e de 3 a 6 anos | 30 min.

12.00 e 13.00 h. Casa das Campás. CONTOS CON ROQUE. Baobab Teatro. Espectáculo de contos con títetes e obxectos para bebés e familia. De 0 a 5 anos | 30 min.

19.30 h. Teatro Principal. AS CANTIGAS DA CHUPETA. Golfiños. Concerto musical. De 0 a 5 anos | 40 min.

 

OBRADOIROS

 

SÁBADO 21

De 10.00 a 14.00 h. Casa azul. CONTOS ORAIS. Celso Sanmartín. Obradoiro de contos orais. Os contos e as historias que nos chegaron de viva voz. Para docentes das escolas infantís.

De 19.00 a 20.00 h. Casa das campás. INICIACIÓN Á LINGAXE DE SIGNOS. Asociación de xordos Río Lérez de Pontevedra. Obradoiro de iniciación á linguaxe de signos para docentes, papás/mamás e bebés. Para docentes e público en xeral.

 

VENRES 27

De 18.00 h a 22.00 h. Casa das Campás. ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL AOS NENOS/AS. Patricia Canabal. Obradoiro para dotar de ferramentas aos docentes que traballan nas escolas infantís. Para docentes das escolas infantís.

 

SÁBADO 28

De 10.00 h a 14.00 h. Casa das Campás. DESENVOLVEMENTO INFANTIL E PSICOMOTRICIDADE. Marta Lloves. Obradoiro de psicomotricidade para docentes das Escolas Infantís. Para docentes das escolas infantís.